Todos os plans

Ribeira Sacra Excursión Privada 1 Día

O segredo mellor gardado do territorio español está situado entre Ourense e Lugo: a Ribeira Sacra. Con mosteiros entre bosques de castiñeiros, impresionantes canóns e viñedos nas montañas onde se practica a heroica viticultura. Disfrute da nosa Excursión pola Ribeira Sacra.

Programa Completo

Un paseo por un territorio máxico e con moita historia, mosteiros nos que se respira esa paz e tranquilidade que se necesita nas vacacións. Vistas dende os mellores miradoiros gozando da beleza que nos dá a natureza, percorremos o río Sil en catamarán e terminamos cun bo sabor da boca nunha adega grazas aos magníficos viños da DO. Ribeira Sacra.

Con Verdant Experiences poderás gozar dunha excursión só para vostede e as persoas que o/a acompañen, sen présas nin estrés.


A recollida realizarase no lugar e hora acordados. Por defecto, as saídas son dende a cidade de Ourense. Unha persoa acompañaráos ao longo da excursión, axudándoos en todo o que necesiten. Para saídas doutras cidades, é necesario consultar.


Duración Aproximada

  • Total: 10 horas
  • Viaxe en vehículo 3h30min

Tamaño do grupo

  • 1 a 8 persoas


Nota

Se desexa saír dun lugar distinto a Ourense, aplicarase un cargo adicional.

¿Cómo chegar a Ourense? Dende Santiago de Compostela, A Coruña e Madrid, recoméndase usar o tren con destino a Ourense (www.renfe.com), recollerémolos na estación e levarémolos de volta. Se precisa máis información sobre como chegar a Ourense, non dubide en contactar connosco.


Un exemplo:

Dende Santiago de Compostela pode chegar a Ourense en 38 min (vehículo 1h 15min). O custo por viaxe e persoa é de aproximadamente 13 euros.

  • 1 Día

    Itinerario Estandar:


    10:00 - Saída dende Ourense

    10:30 /11:40 - Visita a Mosteiros / Monumentos

    12:00 / 13:15 - Ruta en Catamarán

    13:30 / 15:00 - Xantar

    15:00 / 18:00 - Visita a Miradores e Mosteiros / Monumentos

    18:00 / 19:00  - Visita a Adega

    20:15 - Chegada a Ourense


    **A ter en conta que tanto a ruta como os horarios poden variar dependendo da época do ano, disponibilidade de proveedores, as horas de luz e o punto de recollida acordado con vostede.

Condicións específicas

  • En algúns periodos do ano, poden ser de aplicación promocións nos prezos pero so a través da nosa web.
  • O horario mostrado é susceptible de cambios dependendo da disponibilidade de proveedores no momento da reserva.
  • A ruta en catamarán so se garantiza durante temporada alta. Non se garantiza dende 1 de novembro de 2017 ata o 24 de Marzo de 2018, de luns a xoves. En festivos e de venres a domingo, so se realizarán se existe demanda suficiente.
  • En caso de non poder realizar a ruta en catamarán realizarase outra actividade na Ribeira Sacra.
  • Saidas dende outro lugar que non sexa Ourense cidade, implican un cargo adicional non incluido no prezo actual.

Servizos incluídos

*Incluido nunha visita estandar:

  • Visitas a Mosteiros / Monumentos (entre 2-4)
  • Visita a una Adega con cata de viños (1h)
  • Xantar nun restaurante da rexión (local e tradicional)
  • Ruta en catamarán (1h-1h30min) (en temporada alta nun privado, en temporada baixa segundo disponibilidade.)
  • Visita a distintos miradores (entre 4-8)
  • Fotos da excursión
  • Transporte privado

*De acordo coas túas preferencias, a excursión pode ser adaptada xa que non é posible visitar todos os recursos da rexión nun día (necesitaríamos 3). Por defecto facemos a estándar, pero pode facerse máis cultural ou máis paisaxística, se non quere o catamarán ou a adega, podemos incorporar outra atracción no seu lugar (se a diferenza en custe é importante, pode variar o prezo). Tamén intentamos incorporar algún elemento de sorpresa.

Arriba