1. Definición de KML

KML é un acrónimo inglés de Keyhole Markup Language. É unha linguaxe marcada baseada en XML para representar datos xeográficos en tres dimensións.

Desenvolvido para ser manexado con Keyhole LT, precursor de Google Earth, a información do KML pode ser comprimida en ficheiros KMZ e cada ficheiro contén unha descrición básica do lugar, coordenadas e algunha que outra información.

Se nun principio o KML estivo creado para ser visto en Google Earth, hoxe en día xa son varios programas e aplicacións web que permiten visualizar os KML. Entre elas destacar: Google Maps, Bing Maps..

Ademáis tamén existen programas que permiten a conversión do KML en outro formato, por exemplo:

GPSBabel www.gpsbabel.org

2. KML en Google Earth

2.1. Descarga e instalación de Google Earth

O Google Earth é un programa informático semellante a un Sistema de Información Xeográfica (SIX) que permite visualizar imaxes en 3D do planeta, combinando imáxenes de satélite, mapas e o motor de busca de Google

A descarga de Google Earth é gratuíta e pode descargarse da páxina web: http://earth.google.es/intl/es_es/download-earth.html

A instalación é moi sinxela, haberá que descargar o executable da páxina web e instalarase automáticamente o Google Earth.
 

Google Earth

Google Earth

Descarga

2.2. Incorporación de ficheiros KML en Google Earth

A incorporación de ficheiros KML en Google Earth podese realizar de varias maneras:

  1. Unha das formas rápidas será incorporar os ficheiros KML a Google Earth directamente dende a descarga. Para isto no momento de descargar os ficheiros KML en vez de gardalos no PC pódense abrir directamente con Google Earth.

    Google Earth

Hai que ter en conta que neste proceso os ficheiros non estarán gardados no ordenador, para gardalos no programa premerase co botón dereito sobre o KML e seleccionarase gardar lugar como

  • Outra maneira sería abrilos desde o propio programa.

    1. Para isto deberanse gardar os arquivos KML nun lugar localizable do ordenador. No menú principal da aplicación seleccionarase a pestana de arquivo e abrir.

      Google Earth

  • Buscarase o arquivo descargado en KML e abrirase.

    Abrir KML

  • O resultado sería a visualización de todos os elementos seleccionados. Neste caso seleccionáronse todos os aloxamentos de Galicia.

    Google Earth

  • 2.3. Utilidades de Google Earth

    Dito anteriormente, Google Earth é un programa similar a un sistema de información xeográfica, o que permite:

    1. Visualizar imaxes 3D. O usuario deberase mover polo mapa e clicar a opción de mirar alrededor (Mirar alrededor).

      Google Earth

  • Ademáis na parte inferior esquerda existen unha serie de capas, as cales poderán empregarse para engadir a capa inicial e aumentar a información xeográfica. Existen capas de diferentes temáticas (fronteiras administrativas, estradas, edificios 3D, ...) Unha da más empregadas son os lugares e o street view, que non son máis que imaxes panorámicas de distintos lugares.

    Google Earth

  • Na parte superior esquerda existe unha busca directa chamada Voar nela pódese atopar calquer lugar, zona, ciudade, nomes de KML de forma directa e rápida.

    Google Earth

  • Da mesma forma tamén se poden localizar negocios na pestana de buscar negocios.

    Google Earth

  • Outra das moitas opcións que se poderían realizar con Google Earth sería a de como chegar a un lugar, esta pestana tamén se situa na parte superior esquerda. Para realizar esta busca ou consulta necesitarase introducir un lugar de destino e outro de chegada. Por exemplo poderíase realizar unha busca dende Lugo ata A coruña. O resultado sería unha liña na cal se especifica o roteiro a seguir.

    Google Earth

  • 3. KML en Google Maps

    3.1. Definición e URL

    Google Maps é un servicio de Google que ofrece tecnoloxía cartográfica potente e moi sinxela de empregar, así como información sobre empresas locais (ubicación, información de contacto e indicacións sobre como chegar)..

    A dirección URL do Google Maps é: http://maps.google.es/.

    3.2. Incorporar KML a Google Maps

    Para importar datos a google maps é necesario tener unha conta gmail. No caso de non tela esta podese crear na dirección: www.gmail.com

    1. Para introducir KML a Google Maps clicaráse sobre a pestana de os meus mapas:

      Google Maps

  • De seguido clicarase sobre a pestana de Introdución

    Google Maps

  • O seguinte paso será introducir a conta de gmail coa contraseña. Introducida a conta volverá a pantalla principal de Google Maps sobre a cal xa se poderá crear un novo mapa.

    Google Maps

  • Para incorporar o ficheiro KML, este deberá ser importado. Clic na pestana de Importar para posteriormente buscar o ficheiro descargado da páxina web de Turgalicia.

    Google Maps

  • Google Maps

  • Unha vez incorporado o ficheiro KML poderá escollerse o título do novo mapa na, así como realizar unha descrición.

    Google Maps

  • Para gardar o mapa clicaráse sobre o botón de Listo, tendo en conta a opción de privacidade (compartido con aquelas persoas que teñan esa URL do mapa).

    Google Maps

  • 4. Incorporar KML en Bing Maps

    4.1. Definición e URL

    Bing Maps é un servicio de mapas web para o motor de búsqueda Bing de Microsoft e que funciona con Bing Maps for Entrepise.

    A URL de Bing Maps é: http://www.bing.com/maps/

    4.2. Incorporar KML en Bing Maps

    Para poder incorporar KML é necesario tener unha conta hotmail, a cal se pode rexistrar na páxina web: www.hotmail.com

    1. O primeiro paso será iniciar sesión na conta de hotmail, para isto será necesario ir a parte superior dereita sobre iniciar sesión.

  • Unha vez introducida a conta de hotmail, clicaráse na parte inferior esquerda na pestaña de see your places (Your Places).

  • Aparecerá unha nova ventá sobre a cal se debe importar o KML na pestana de Import

    Import
  • Buscado o KML, este poderase visualizar na páxina web.

    Bing
  • 5. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPSBabel

    O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.

     

    Arriba