1. Navman GPS e Smart ST
A incorporación de puntos de interese no GPS Navman realizase a partir de un software, este pode ser o oficial, Smart ST, ou ben unha aplicación de transformación de formatos como é o caso do GPSBabel.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A incorporación de puntos de interese no GPS Navman realizase a partir de un software, este pode ser o oficial, Smart ST, ou ben unha aplicación de transformación de formatos como é o caso do GPSBabel.
O Smart ST é un software que se obtén ó mercar un GPS Navman. Este software pode actualizarse a través da páxina web de Navman.
Sistemas operativos necesarios: Microsoft Windows XP, Microsoft Windows 2000, Microsoft Windows Millennium Edition, Microsoft Windows 98 SE
Desde a web de Turgalicia hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato Navman CSV. A incorporación dos puntos de interese nos dispositivos GPS Navman realizarase mediante a aplicación Smart ST, seguindo o proceso descrito a continuación
O ficheiro cos puntos de interese cargarase no dispositivo GPS seguindo as seguintes instrucións:
Despois de instalado o Smart St Desktop no ordenador executarase a aplicación para importar os arquivos de puntos descargados e almacenados previamente
Antes de nada será necesaria a conexión do GPS ó computador por medio dun cable USB. Producirase unha sincronización. Unha vez sincronizado o GPS seleccionarase “mapa” opción “puntos de interese” e abrirase o editor de puntos de interese Smart ST.
Seleccionarase a opción abrir arquivo de texto ou haberá que facer clic na icona que aparece na barra (). Navegarase polo directorio ata atopar onde están almacenados os arquivos .csv dos POI.
Do listado que aparece deberán seleccionarse os arquivo que interesan (arquivos csv).
Seleccionada a opción arquivo, este deberá gardarse no dispositivo facendo clic na icona que semella unha PDA () .
Na pantalla anterior pódese indicar si se desexa que o punto de interese estea activo e o tipo de aviso. Permite seleccionar o nivel de visibilidade de iconas e indicar estas. Isto poderá facerse clicando no botón que ten tres puntos e se busca o arquivo coa extensión .bmp.
Unha vez aceptado o cadro de diálogo deberase incorporar o nome con que o arquivo será gardado no dispositivo
Unha vez gardados os novos POI, a aplicación poderá pecharse e retirar o GPS conectado o computador por medio dun cable USB.
Despois de cargados os puntos de interese, estes poderán visualizarse no dispositivo Navman GPS de maneira rápida e sinxela
O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.