1. Identificacin do software OZIExplorer

A instalación do software Oziexplorer permite incorporar ficheiros waypoint files (.wpt) ó GPS.

Existen tres software de OziExplorer:

  • OziExplorer permite traballar con mapas dixitais, sobre os cales poder planificar traxectos e cargalos ó GPS
  • OziExplorer3D é un software que permite visualizar mapas 3D.
  • OziExplorerCE é un software de mapas para PocketPC e PDA.

Neste caso describirase o emprego do software OziExplorer; debido a súa incorporación a GPS.

OziExplorer está dispoñible para instalar en computadores con sistema operativo de Windows.

Para sistemas operativos como Unix pódese incluír o OziExplorer a partir do Wine (Wine Is not a Emuladot).

Existen GPS compatibles con OziExplorer, entre eles destacamos as seguintes casas comerciais:

Eagle, Garmin, Lowrance, Magellan, MRL, Bruton/Silva, Blutooth GPS, Use Mouse GPS, Serial Mouse GPS, Solo NMEA.

O software OziExplorer pódese descargar da páxina web: http://www.oziexplorer.com/

Hai que ter en conta que o programa OziExplorer non é de balde.

A instalación é sinxela e deberá seguirse tódolos pasos dos cadros de diálogo indicados, aceptando todo o proceso.

2. Utilización de OziExplorer

Desde a web de Turgalicia hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato .wpt. Este formato aplicarase ó programa Oziexplorer, seguindo o proceso descrito a continuación.

2.1. Instalación do dispositivo GPS

Aberto o programa deberá conectarse o GPS ó computador mediante un clave USB.

A continuación configurarase o GPS, e para iso será necesario ir a opción de GPS, Configure GPS

OziExplorer

Unha vez seleccionado o GPS na pestana de GPS Parameters seleccionaranse automaticamente as características do aparato.

Deberase configurar tamén a velocidade de comunicación entre o computador e o GPS. Isto realizarase na pestana de COM

OziExplorer

Na pestana de COM os parámetros que veñen por defecto son os máis apropiados para todos os GPS.

2.2. Introdución de mapas en OZIExplorer

O programa OziExplorer ó abrirse aparece baldeiro por iso é necesario introducir un mapa calibrado.

A carga da cartografía pode realizarse incorporando mapas xeoreferenciados, calibrados, ou mapas sen calibrar, sendo necesario para estes últimos aplicar un proceso de xeoreferenciado

2.2.1. Cargar un mapa en OZIExplorer calibrado

Esta operación pode realizarse a partires do menú principal ou do menú secundario

Dende o menú principal, File, Load from file, Load Map File.

OziExplorer

Dende o menú secundario, Load, Load Map File

OziExplorer

2.2.2. Incorporación dun mapa e calibrado do mesmo

Para calibrar un mapa deberá activarse a opción File Load and calibrate map image

OziExplorer

Así abrirase un mapa que pode estar nos seguintes formatos: BSB, USGS DRG, ECW, SID, TIF, PNG, entre outros.

Unha vez cargado o mapa procederase a calibración do mesmo, File Check Calibration of Map. Deste modo aparecerá unha nova ventá na parte dereita da aplicación sobre a cal poderá modificarse o Datum, Mag Var e Map Projection correspondentes o mapa cargado.

OziExplorer

O seguinte paso sería asignar puntos de control coñecidos coas súas coordenadas correspondentes no mapa.

Para iso estás as pestanas de Point 1, point 2, ... deberán introducirse as coordenadas correspondentes a cada point. Canto máis puntos de control introducidos mellor calibración do mapa.

2.3. Carga dos puntos de interese

Unha vez cargado o mapa calibrado no programa poderanse cargar os POI; este proceso tamén poderá facerse de duas maneiras:

No menú principal: File, Load from File, Load Waypoint from File

OziExplorer

No menú secundario: Load, Load Waypoint from file.

OziExplorer

Aparecerá unha nova ventá onde deben localizarse os puntos de interese, unha vez localizados e seleccionados, poderanse visualizar no OziExplorer.

OziExplorer

Incorporados os POI ó programa Oziexplorer, estes poderanse introducir ó GPS de dous xeitos:

  • A partires do menú principa,l onde aparece a casa comercial do GPS, Send Waypoint to GPS.
  • No menú secundario a partires da opción SendSend select waypoints to GPS

2.4. Visualizar os puntos de interese

Despois de cargados os puntos de interese, desconetarase o GPS do ordenador. Unha vez acendido o GPS poderánse observar os novos POI.

3. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPS Babel

3.1 Carga de puntos de interese

O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.

 

Arriba