1. Garmin GPS e POI Loader

Para a carga dos puntos de interese nun dispositivo GPS de Garmin empregarase Garmin POI Loader, o software oficial de Garmin. Garmin POI Loader funciona como un asistente por pasos no cal se debe seleccionar a carpeta de orixe, buscar o dispositivo e cargar o ficheiro de puntos

Garmin POI Loader é unha aplicación gratuíta que está dispoñible para a descarga na web oficial de Garmin:
A descarga do GPSBabel segundo o sistema operativo será a seguiente:

Aquí atoparase o POI Loader par a descarga dispoñible para os seguintes sistemas operativos:

  • POI Loader para Mac, Versión 2.1.0
  • POI Loader para Windows (WinXP, 2003, Vista, 7), Versión 2.5.4

No caso de querer empregalo con sistema operativo Unix/Linux, deberase ter instalado o emulador de Windows Wine, ou empregar a aplicación GPSBabel (http://www.gpsbabel.org/download.html).

Garmin POI Loader e o formato de ficheiros Garmin CSV son empregados cos dispositivos GPS de Garmin.

GPS Garmin

2. Utilización de Garmin POI Loader

Desde a web de Turgalicia hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato Garmin CSV. A incorporación dos puntos de interese nos dispositivos GPS Garmin realizarase mediante a aplicación Garmin Poi Loader, seguindo o proceso descrito a continuación

2.1. Carga de puntos de interese

O ficheiro cos puntos de interese cargarase no dispositivo GPS seguindo as intrucións a continuación:

  1. Despois de instalado Garmin POI Loader no ordenador, executarase á aplicación accedendo ao menú de Inicio > Todos os programas, e a Garmin Poi Loader.

  • Na pantalla de benvida, clícase en Seguinte / Next para comezar a carga dos Puntos de interese

    POI Loader

  • Selección de destino: Para cargar o ficheiro de puntos de interese no dispositivo GPS, seleccionarase a opción Garmin Device. Previamente o dispositivo GPS deberá estar conectado ao PC coa axuda dun cable USB. Haberá que agardar uns segundos mentres o GPS se reinicia. Entón faise clic en Next para pasar á seguinte etapa.

    POI Loader

  • Seleccionar o dispositivo: O seguinte paso será seleccionar o tipo de GPS da lista despregable que proporciona o programa. No caso de que este non apareza, seleccionarase a opción Find Device para comezar unha nova detección do dispositivo GPS. Despois pásase a etapa seguinte clicando Next.

    POI Loader

  • Opcións de incorporación dos puntos de interese: Na seguinte pantalla do asistente, poderase seleccionar a opción Install new custom POI’s onto your device para o caso de querer engadir os puntos de interese do ficheiro aos puntos xa cargados no dispositivo GPS.

    POI Loader

  • De seleccionar a opción Remove all previously installed custom POI’s from your device, o programa eliminará todos os puntos de interese cargados previamente no dispositivo, antes de incorporar os novos puntos.
    Facemos clic en Next para pasar a etapa seguinte.

  • Selección de parámetros de carga: Pinchando no botón Browse, poderase seleccionar o directorio onde se atopan gardados os ficheiros de puntos de interese a cargar. Isto corresponderase co directorio no que se atopen os ficheiros descargados da web de Turgalicia.

  • En la selección de las unidades se podera elexir entre “pies and MPH” o “meters and KPH”.

    Para cargar os POI tamén se podrá elexir duas opcións: Manual e Express. O aconsellado é empregar o modo express, pois o propio programa carga os POI na sua localización . En cambio no modo manual se poderá configurar os POI por proximidade ou velocidade.

    POI Loader

    Por último pincharase en Next para finalizar o proceso.

  • Carga finalizada: A pantalla final do asistente indicará o número de puntos de interese cargados no GPS. Trátase da derradeira etapa do proceso de carga. A continuación pincharase en Finish para rematar.

    POI Loader

  • Unha vez finalizado o proceso de carga poderase desconectar o dispositivo GPS do PC. Débese agardar a que o dispositivo estea totalmente apagado para proceder a desconexión do cable USB.

  • 2.2. Visualizar os puntos de interese

    Despois de cargados os puntos de interese, poderase seleccionar no dispositivo Garmin GPS os puntos de interese propios Custom POIs. Para isto accederase a My Locations e despois a Custom POIs.

    GPS Garmin

    3. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPS Babel

    3.1 Carga de puntos de interese

    O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.

     

     

    Arriba
    Axúdanos a mellorar!