En Tui comeza esta aventura dunha semana. No Grove embarcarémonos nun catamarán para facer o itinerario marítimo-fluvial pola Ría de Arousa e o río Ulla, rememorando a chegada por mar a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago. Dende Padrón, seguiremos o Camiño cara a Santiago.
Ao noso encontro saírán poboacións bañadas por augas doces e salgadas que inclúen unha catedral-fortaleza, pontes medievais e ata un conxunto de hórreos na beira do mar.