PUNTA SOCASTRO

Paseos
1383

Localización

O Vicedo - Lugo

Coordenadas:
43º 42' 22.9" N - 7º 37' 02.9" W

O Paseo

Punta Socastro
Fuciño do porco

Para facer esta ruta poderemos chegar co coche xusto ata o punto de partida, onde atoparemos unha zona habilitada como aparcadoiro. De aí parte a senda pola que teremos que camiñar durante aproximadamente 1,5 km. Trátase dunha pista que discorre principalmente entre pinos e eucaliptos e que nos levará directamente ata as pasarelas de madeira.

A primeira parte do paseo non resulta especialmente atractiva pero iso quedará de sobra compensado máis adiante xa que, dende o último treito dende sendeiro, teremos un anticipo das espectaculares vistas do litoral do Vicedo e da ría de Viveiro que poderemos desfrutar en todo o seu esplendor dende punta Socastro, coñecida popularmente como Fuciño do Porco.

A parte final discorre por pasarelas de madeira que soben e baixan en zigue-zague ata o faro-baliza que marca a entrada na ría e o fin deste paseo.

Aínda que a ruta en si é de baixa dificultade, debemos ter en conta que todo o treito que discorre polas pasarelas de madeira é algo máis esixente, e conta con numerosas escaleiras.

Nota: Nas épocas de máis afluencia de xente a visita debe facerse con reserva previa. Para máis información contacte co concello do Vicedo.


Características

Lonxitude: 1,9 km (so ida)
Punto de Inicio: Aparcadoiro no inicio da ruta 43°42'22.99"N / 7°37'2.92"W
Punto de Fin: Punta Socastro 43°43'5.67"N / 7°36'24.90"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras

Tipo

Ollando o mar
Que facer Paseos Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba