A ATALAIA DO FACHO DE MAEDA

Paseos
936

Localización

Mañón - A Coruña

Coordenadas:
43º 45' 44.1" N - 7º 41' 59.4" W

O Paseo

A atalaia do Facho de Maeda
Miradoiros do Cantábrico

Antes de chegar á vila de Bares, cóllese unha pista asfaltada á esquerda que en apenas 1,4 km lévanos ata unha antiga garita de vixilancia da costa. Dende aquí xa albiscamos parte do litoral da costa luguesa e como a península onde se atopa a Estaca de Bares, extremo setentrional da península Ibérica, se adentra no mar Cantábrico.

De seguido tomamos un camiño forestal que nos vai ofrecendo vistas da ría do Barqueiro, e con varios puntos panorámicos ao longo de case que 1 km de percorrido, con curiosas formas rochosas, moldeadas polos ventos e a chuvia. Ao rematar, temos unha visión espectacular do litoral de Ortigueira, que abrangue dende Os Picóns de Loiba ata o cabo Ortegal e A Capelada, xa no concello de Cariño.

Características

Lonxitude: 0.93 km (só ida)
Punto de Inicio:
Garita de Bares (43°45'43.90''N / 7°41'59.41''O)
Punto de Fin:
O Chao da Caldeira (43°45'24.23''N / 7°42'24.21''O)

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!