IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BACOI

Relixioso
1049

Localización

Parroquia: Bacoi (Santa María)

Lugar: A Igrexa

27776  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 39.0" N - 7º 23' 24.9" W

Descrición

Templo construído na primeira metade do século XVIII, ten planta de cruz latina, cruceiro con cúpula hexagonal sobre cunchas e sancristía detrás da cabeceira. Nas cunchas hai pinturas cos catro evanxelistas e na cúpula represéntase a Asunción da Virxe, todo do século XIX. A fachada é de cantería de granito, cun arco alintelado sobre a porta e espadana de dous corpos. No lado esquerdo do cruceiro aparece un retablo churrigueresco, de excepcional interese, considerado un dos mellores retablos do barroco galego, que representa en trece escenas a Paixón e Morte de Cristo. No banco aparece a inscrición de fundación, datada no ano 1733.
Arriba