CAPELA DE VILAMEÁ

Relixioso
165

Localización

Parroquia: Bande (San Pedro)

Lugar: Vilameá

32840  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 25.9" N - 7º 58' 09.9" W

Descrición

A capela de San Miguel de Vilameá data do ano 1751. Un fragmento de inscrición, aproveitado como perpiaño no paramento da capela, presenta as letras capitais ARQVUERN, nome incompleto do pobo indíxena que habitaba este territorio, antes da chegada dos romanos, o dos Quarquerni.
No interior da capela, o retablo adáptase á estrutura a dúas augas da cubrición da capela. No banco sucédense diferentes taboleiros con relevos hagiográficos de Santo Isidro Labrador. A fornela central contén a imaxe do santo titular, e a ambos dous lados Santa Quiteria e Santo Antonio; nos extremos, altorelives coas imaxes de San Rosendo e San Mauro.

Acceso

A 1,050 km. do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. No km. 1 desviarse á man esquerda, a 50m. á dereita.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Arriba