IGREXA DE SAN ROMÁN DE DONIÑOS

Relixioso
1130
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Doniños (San Román)

Lugar: Doniños

15593  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 48.9" N - 8º 17' 20.0" W

Descrición

Igrexa de tipoloxía rural, sen estilo definido. Planta rectangular. Muros de cachotaría que contrata co cadeirado dos esquinais. Cuberta a varias augas con cubrición de tella plana. Ornamentación sobria e sinxela. A decoración concéntrase na fachada principal. Porta rectangular. Partindo a cornixa unha espadaña dobre. Pechando o conxunto un corpo triangular coroado e flanqueado por pináculos. No seu interior aparece un retablo policromado que intenta parecer mármore.

Acceso

Dende Ferrol, bordeando A Malata, despois de pasar unha gasolineira, nun cruce xirar á dereita, seguindo esa estrada ata chegar a outro cruce onde hai un indicador cara á igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!