Camiño de Santiago a Fisterra

IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Programa Completo

CAMINO SANTIAGO - FISTERRA
Este Camiño é un epílogo do trazado xacobeo. Parte directamente desde Santiago en dirección a Fisterra, concretamente ata o Cabo Fisterra. Este punto foi considerado durante moito tempo como a fin do mundo. Algúns peregrinos optan por facer o tramo á inversa. A sinalización é boa durante todo o percorrido. Cada vez máis xente quere vivir esta experiencia, e está adquirindo moita popularidade, tanta, que ata o Concello de Fisterra ven de crear a "Fisterrana", que se obten ensinando a credencial debidamente selada. De tódolos xeitos, non hai que esquecer que este título non é oficial. 
  • Día 1Santiago
    Chegada ó aloxamento por conta do cliente. Aloxamento en Santiago. 
  • Día 2Santiago - Negreira (20,6 km +/- 5 horas)
    Dificultade baixa. Abandonamos Santiago. Ás nosas costas queda a praza do Obradoiro e a Catedral. Pomos rumbo dirección Negreira. Esta primeira etapa ten un trazado sinxelo e cómodo. O único desnivel destacable é a subida a Mar de Ovellas. Cruzamos o río Tambre a través de Ponte Maceira e chegamos a Negreira. Aloxamento en Negreira.
  • Día 3Negreira - Olveiroa (33,6 km +/- 8 horas)
    Dificultade media. Etapa dura en canto a quilómetros, pero que se ve recompensada polas imponentes paisaxes. Nesta xornada nos afastamos dos lugares urbanos e asfaltados para achegarnos en marabillosos bosques de carballos e castaños. Atoparemos subidas coma a do Monte Aro, pero unha vez arriba, teremos una fantásticas vista do embalse da Fervenza, bañado polo río Xallas. Aloxamento en Oliveiroa.  
  • Día 4Olveiroa - Cee (19,3 km +/- 4 horas)
    Dificultade media. Derradeira etapa de interior. Síguenos a acompañar o río Xallas na subida ata Hospital. Máis adiante, atópase a bifurcación que sinala o Camiño hacia Muxía para os que desexen percorrer esta variante. Neste caso, nos seguimos dirección Cee. Pasamos polo Cruceiro Marco de Couto, a Ermita de Nosa Señora das Neves e pola Capela de San Pedro Mártir ata chegar ó Cruceiro da Armada, onde por primera vez veremos o mar. Aquçi comeza un empinado descenso ata o noso destino de hoxe. Aloxamento en Cee.  
  • Día 5Cee -Fisterra (12,9 km +/- 3 horas)
    Dificultade media. Iniciamos a xornada dirixíndonos hacia Corcubión, un encantador pobo pesqueiro declarado Conxunto Histórico Artístico. O Océano Atlántico acompáñanos neste plácido paseo ata o Cabo Fisterra, o noso ansiado obxectivo ó lonog deste Camiño. Aquí, se o tempo o permite, poderemos disfrutar dunha das máis fermosas postas de sol na "Fin do Mundo". Aloxamento en Fisterra. 
  • Día 6Fisterra
    Fin dos nosos servizos

Servizos incluídos

Aloxamento e almorzo en habitación doble ou individual con baño

Transporte de mochilas para cada unha das etapas (max. 20Kg por mochila - 1 bulto por persoa) 

Servicio de asistencia telefónica 24 horas. 

Credencial Peregrino 

Vieira Peregrino 

Mapas das Etapas 

Pulseira Rutas Meigas 

Seguro de Viaxe 

Servizos non incluídos

Todo o que non está indicado no apartado inclue

Servizos non incluídos

Todo o que non está indicado no apartado inclue
Arriba