CASA RAÚL

Turismo rural - Grupo-C (Casa de Labranza)
216
No Camiño de Santiago
Periodos de funcionamento: 01/05 - 31/12

Localización

Parroquia: Lires (Santo Estevo)

Lugar: Lires 5

15270  Cee - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 50.3" N - 9º 14' 46.6" W
+34 981 748 156
+34 678 420 859
+34 981 748 156

Descrición

Desde 1968

Casa Raúl naceu como casa de labranza en 1968, sendo a primeira casa en recibir aos hóspedes para compartir con eles como era a vida nesta pequena aldea de Lires. Dende entón, tres xeracións da familia gozaron da compañía de viaxeiros de todos os recunchos do mundo, abrindo as nosas portas a calquera que queira gozar dos fermosos recunchos da Costa da Morte nun ambiente tranquilo e familiar. O noso selo de identidade son instalacións completamente renovadas que mantiveron a esencia da súa orixe.

A casa ten:
Habitacións: 3 habitacións dobres e 2 habitacións de luxo con entrada independente, terraza ou salón privado
Apartamento: con cociña totalmente equipada, balcón privado e terraza.
Xardín con zonas de estar e churrasqueira, aparcamento privado, así como a gran finca coroada polo hórreo.

Casa Raúl está situada xunto á igrexa, na pequena aldea de Lires. Nun val no que discorren os ríos Lires e Castro, formando a máis pequena das rías galegas que desembocan nas praias de Lires e Nemiña.
 Ría, praias e montañas fan da aldea un lugar único para relaxarse e gozar da natureza con todos os servizos ao seu alcance.
Ademais de varias rutas dispoñibles no lugar, dende a porta de entrada pódese gozar do lenxendario Camiño de Santiago (extensión de Fisterra a Muxía) e o Camiño dos Faros, unha ruta de sendeirismo de 200 km que une Malpica e Finisterre ao longo do borde do mar, con faros, praias, dunas, ríos, dolmens, ... como principais protagonistas.


Ambiente tranquilo no corazón da Costa da Morte.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

Tipos de servizos

Aparcadoiro
Berces
Bicicletas (consultar)
Camas supletorias
Fálase alemán
Fálase inglés
Fálase italiano
Grella
Internet - Wi-Fi
Lavadora dispoñible- Lavandaría
Prohibido fumar
Salón
Tarefas agropecuarias
Tarxetas de crédito (consultar)
Televisor nos cuartos
Xardín / Horta

Réximes

Almorzo

Accesibilidade

Grao de Accesibilidade: Adaptado

Documentos de accesibilidade:

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Cuartos uso dobre612
Apartamentos23
Arriba
Axúdanos a mellorar!