Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: UNIVERSIDADE&body=Recoméndoche que leas a información UNIVERSIDADE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/10785/universidade?ctre=39%26langId=gl_ES%26tp=9
Antiga sede da Universidade e, actualmente, da facultade de Xeografía e Historia. O edificio constrúese no último terzo do s. XVIII segundo planos de Miguel Ferro Caaveiro, sufrindo transformacións a finais do s. XIX. Realizado en cadeirado de granito e coas cubertas de tella a dúas augas, é de planta cuadrangular organizada en torno ao claustro.
A fachada dividíase en dous corpos (o terceiro corpo é posterior) recorrendo aos entrantes e saíntes para dar sensación de dinamismo. Está presidida pola escalinata de acceso e a portada. Enmárcana catro columnas xónicas exentas de orde xigante que abarcan ambos corpos e que, antigamente, sostiñan un frontón coroado pola figura de Minerva, obra de Ferreiro (agora na facultade de Ciencias Químicas), onde agora se coloca o escudo.
O entaboamento actual está coroado polas estatuas dos benfeitores da Universidade en distintas épocas: Juan de Ulloa, o Conde de Monterrei, Álvaro de Cadaval e Gómez de Marzoa. No terceiro corpo encontramos os medallóns con Diego de Muros e Alonso de Fonseca e o releve da Sabedoría coroando á xuventude estudosa.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.