A gran duna móbil é a atracción. Con máis de 1 km de longo, uns 250 m de ancho e uns 20 m de altura, a duna móbil de Corrubedo imponse desde a distancia, branca como unha raíña de area, neste parque natural que é o máis visitado de Galicia, con case 300.000 persoas ao ano.
Situado entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia, o parque ocupa cerca 1.000 hectáreas. Está formado polas dunas, a praia de Corrubedo e as lagoas de Vixán, de auga doce, e a de Carregal, de auga salgada. Ambas acollen entre xuncos e carrizos ás 3.000 aves acuáticas que viven aquí: cercetas, mazaricos, culleretes, pirlos, píllaras. Un mundo de plumas e grallamentos ao que se suman as risas e carreiras das xogadoras lontras.