O Courel é a gran paisaxe dunha Galicia que mira no seu interior. Branco no inverno e de mil verdes no verán. Unha paisaxe de montaña salpicada de aldeas escondidas que polo seu difícil acceso conservou toda a beleza do auténtico. É o territorio do lobo, o xabaril, o bufo real... 

O Courel é tamén o gran pulmón de Galicia, a reserva verde. Cos soutos, plantacións de castiñeiros ao redor das aldeas. Ou coas devesas, típicas do Courel e únicas en Galicia, que son bosques autóctonos situados nas cabeceiras dos ríos e onde abundan carballos, teixos, acivros, faias, bidueiros. A máis famosa é A Devesa da Rogueira, un dos bosques máis antigos de Galicia, con máis de 800 especies botánicas e sucado por numerosas fontes de auga. 

No Courel a natureza móstrase espléndida e impoñente. Como dicía o poeta Uxío Novoneyra, que naceu nestas terras, “Aquí séntese ben o pouco que é un home.

Arriba
Axúdanos a mellorar!