Os Ancares é xunto co Courel o maior espazo natural de Galicia. É tamén Reserva da Biosfera e o último reduto da presenza do oso pardo en terras galegas.
Territorio salvaxe e fascinante, habitado desde tempos prehistóricos pero illado e inaccesible ata hai moi pouco, Os Ancares lucenses fórmano pequenos vales coas súas vilas e aldeas encaixadas entre picos de 2000 m altura. Durante séculos aquí a vida transcorría nas pallozas, cabanas circulares co teito de palla onde convivían persoas e animais domésticos. Hoxe as pallozas son unha visita obrigada, algunha convertida en interesante museo etnográfico.