Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PAZO ALMUZARA&body=Recoméndoche que leas a información PAZO ALMUZARA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/160229000075/pazo-almuzara?ctre=129%26langId=gl_ES%26tp=22
Parroquia: Xuvencos (Santa María)
Lugar: A Almuzara
32514 Boborás - Ourense
Señorial pazo modernista, construído a finais do século XIX e hoxe transformado nun establecemento ambientado ó estilo da época. Conta con 13 cuartos situados na Casa Nobre (Edificio principal) e 6 nun anexo no que se situaban cortes de cabalos e almacéns (Edificio anexo), todos exteriores e con cuarto de baño, calefacción, secador, TV, teléfono e Internet wi-fi. Tamén dispón de amplos salóns, comedor, 10.000 metros de xardín cunha ampla piscina e un salón para eventos.
É un lugar ideal tanto para o descanso como para gozar do seu variado entorno natural e monumental, rico sobre todo en arte románica, así como das saudábeis augas termais que abondan nas proximidades. Tamén pode usarse como “campamento base” dende o que desprazarse a coñecer calquera punto de Galicia ou do norte de Portugal.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.