MIRADOIRO DE OS CHELOS

Áreas de recreo e miradoiros
1135
Calidade Turística

Localización

Parroquia: Amandi (Santa María)

Lugar: Amandi

27423  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 23' 22.2" N - 7º 31' 04.5" W

Descrición

Apreciamos un dos poucos puntos do Canón do Sil no que ambas as ribeiras presentan unha fisionomía semellante. Desde aquí obsérvase a central hidroeléctrica de Meixide, (Ourense) e tamén vemos como as ladeiras do canón se suavízan e acollen os viñedos da D.O. Ribeira Sacra. 
O miradoiro sitúase na parroquia que dá nome á subzona dos viños de Sober “Amandi”. Cando o nivel da auga está baixo podemos observar os antigos socalcos que foron engulidos pola construción do encoro e que persisten debaixo da auga. 
O acceso a este miradoiro pasa pola porta dunha das adegas máis grandes da subzona, e desde o miradoiro vemos a desembocadura do río Mao alén do río.
Arriba