Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 167 ROTEIRO DA ERMIDA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 167 ROTEIRO DA ERMIDA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170515000159/pr-g-167-roteiro-da-ermida?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Estamos noutro dos sendeiros que conforman a rede de rutas do municipio de Toques (PR- G 166, 167 e 168), entrelazados entre si para que os percorridos poidan combinarse.
O percorrido comeza por un tramo lineal que logo se converte en circular, sendo aconsellable realizalo en sentido contrario ás agullas do reloxo para que o desnivel sexa máis livián. Deste xeito compartiremos un pequeno tramo co sendeiro PR-G 166 para logo comezar o ascenso cara á ermida de San Cidre. Dende o máis alto, teremos unha magnífica vista panorámica do contorno. Dende o cruceiro poderemos divisar a singular planicie de matagueira que caracteriza ao L.I.C. Serra do Careón.
Continuaremos polos cumios da serra en dirección a San Xiao, un pequeno lugar onde poderemos acubillarnos á sombra da súa carballeira, visitar a ermida de San Xiao e contemplar a Casa Grande do Herdeiro cos elementos característicos dunha casa solarenga: hórreo, pombal e cercado de pedra.
Antes de comezar o descenso cara ao punto de inicio visitaremos o castro de San Xiao, un exemplo perfecto para recoñecer as diferentes partes deste tipo de asentamentos.
Concello de Toques
Tel.: 981 505 826
correo@toques.es
www.toques.es
J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com
Sendeiros
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.