PR-G 147 SENDEIRO AS FRAGAS DA RIBEIRA E DO LOSTEGAL

Sendeirismo
1781

Localización

As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 54.3" N - 7º 50' 37.1" W

Descrición

Itinerario circular de percorrido esixente que conta con desniveis pronunciados e unha lonxitude de 19 km, polo que é máis adecuado para un sendeirista habitual que conte cun nivel mínimo de destreza, especialmente en inverno.

Pode percorrerse en calquera sentido, pero se comezamos en sentido contrario ás agullas do reloxo afrontaremos a máxima pendente ao inicio e con plenitude de forzas.

Comezando no Parque da Fraga subiremos ata o monte Alto da Carballeira (667 m) dende onde divisaremos unha magnífica paisaxe da vila e do recentemente formado lago das Pontes.

Fraga da Ribeira No descenso a verea penetra na Fraga do Lostegal e unha densa mata de carballos, acevos e loureiros acompañaranos ata o encoro.

Dende aquí, a paisaxe silenciosa alcanza o seu apoxeo xunto ás ruínas inundadas do lugar de Chao do Habanero. Despois atravesaremos a exuberante natureza da Fraga da Ribeira, con húmidos recunchos plenos de verdor todo o ano.

Resaltar que a seguridade do sendeiro varía segundo a época do ano e das condicións meteorolóxicas. Co chan mollado as superficies de roca son moi escorregadizas sendo necesario extremar as precaucións.

Acceso

Dentro do núcleo urbán das Pontes de García Rodríguez hai que chegar ata o Parque da Fraga, xunto ao Pabellón  Deportivo. Dentro do Parque, o sendeiro comeza na ponte sobre o río Eume.

Lonxitude

19 km.

Punto de partida/chegada

Parque da Fraga (Concello das Pontes de García Rodríguez):
UTM: 29T X:593575 Y:4811270

Percorrido

Parque da Fraga, Lugar da Cuiña, Alto da Carballeira, Fraga do Lostegal, Lugar de Vilarbó, Encoro da Ribeira, A Ribeira Nova, Parque da Fraga.

Dificultade

Media - Alta

Duración

6 horas e media.

Material

Botas de montaña con sola antiesvarante.

Servizos

En As Pontes de García Rodríguez.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

23-I As Pontes de García Rodríguez.

Máis información

Concello das Pontes de García Rodríguez
Tel.: 981 453 116
info@aspontes.org
www.aspontes.org

Clube de Montaña Caxado
Tel.: 681 365 713
clubmontanacaxado@gmail.com
clubmontanacaxado.blogspot.com.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba