CRUCEIRO DA FONTE SANTA

Etnográfico
823
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Buxantes (San Pedro)

Lugar: Figueiroa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 47.9" N - 9º 07' 38.6" W

Descrición

Este cruceiro, anteriormente coñecido como Cruceiro Xordo, foi trasladado á Fonte Santa. É de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular con símbolos da Paixón: tibias, abellas e caveiras. O varal que empeza cadrado ata o primeiro terzo, segue circular diminuíndo a súa sección ata chegar ao capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso, rematando en cadrado con follas de “camelia”. A súa cruz octogonal con brazos con mediacana e remates de forma resarcelada. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza fica anoado á esquerda. Polo reverso da cruz está a Inmaculada coroada e co Neno Xesús no colo, coa lúa aos seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito; o conxunto está levemente erosionado.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba