OS PICÓNS DE LOIBA

Áreas de recreo e miradoiros
905

Localización

Parroquia: Loiba (San Xulián)

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 44' 39.5" N - 7º 45' 08.9" W

Descrición

A costa de Loiba é un escenario de película, literalmente. Diversos filmes e series de televisión como La mala educación de Pedro Almodóvar foron rodadas nestes cantís de forte caída e afiado perfil.
Os Picóns de Loiba son un conxunto de rochedos modelados pola erosión do mar e do vento, formando furnas e covas de singular sonoridade.
Dende o alto dos cantís obsérvase en primeiro termo o magnífico areal de Loiba e a Pena Furada, rocha monumental esculpida polo mar, que soporta estoicamente os seus envites. Ao lonxe, o cabo Ortegal remata a escena pola banda oeste, sendo o punto óptimo para a súa observación o coñecido Banco de Loiba.
Todo este tramo de costa está percorrido pola ruta de sendeirismo do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico.
Arriba