CRUCEIRO DO CEMITERIO DE SANTA MARÍA DE IRIA

Etnográfico
594
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Iria Flavia (Santa María)

Lugar: Iria Flavia

15900  Padrón - A Coruña

Descrición

Realizado en granito. Posúe cruz circular, leñosa con nós, coas imaxes de Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, mans abertas, con coroa de espiñas e pano de pureza suxeito cunha corda; e no reverso a Dolorosa coas mans en cruz sobre o peito, cunha espada cravada e sobre peaña dun anxo; capitel cuadrangular, con astrágalo cuadrangular liso, ábaco de lados curvos e vértices achaflanados, volutas, orlas vexetais e anxos; fuste octogonal con pedestal cuadrangular; base cuadrangular que remata con chafráns; plataforma cuadrangular de catro graos.

Acceso

Dende Padrón, por a C-550 en dirección Santiago, e a un km aproximadamente, atopamos con Iria Flavia e a súa igrexa a man dereita, no cemiterio da cal se atopa este cruceiro.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba