IGREXA DE SANTA MARÍA DE SOUTOLONGO

Relixioso
549
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Soutolongo (Santa María)

Lugar: Eirexe

36519  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 37' 23.5" N - 8º 09' 38.1" W

Descrición

Nesta igrexa atopamos unha moi interesante variedade de estilos arquitectónicos. Chama a atención a fachada, rematada por un impoñente campanario, na que consta o ano 1798 como data da construción. Esta sería a data da última reforma, pero xa no exterior podemos observar elementos góticos, moi escasos en Galicia, e incluso románicos.

No interior, poden apreciarse bóvedas de crucería e arcos conopeos que sitúan a igrexa no gótico tardío. As referencias artísticas á Orden de Malta - da que Soutolongo foi Priorato - tanto escultóricas como pictóricas, son constantes. Esta igrexa garda pinturas murais datadas entre 1567 e 1589. Outro elemento excepcional é o sagrario pétreo, descuberto xunto con algunhas das pinturas cando se retirou o retablo barroco para a súa restauración. Varios enterramentos con estatuas xacentes do s. XV baixo arcos apuntados completan un conxunto moi rico e variado.

Acceso

Dende Lalín coller a PO-534 en dirección a Pontevedra. Dende a rotonda do campo de fútbol en Donramiro, percorrer 4,9 quilómetros, ao principio da aldea de Vista Alegre coller un desvío, á esquerda, sen ningún indicativo, que leva ata a igrexa situada a 120 metros.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Renacentista
Gótico
Barroco
Arriba