IGREXA DE SAN CRISTÓBAL

Relixioso
2924
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilagarcía (Santa Baia)

Lugar: Vilagarcía

Rúa Vista Alegre s/n

36600  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 35' 35.3" N - 8º 46' 06.6" W

Descrición

Igrexa de San Cristobal, de estilo barroco, foi mandada construír polo arcebispo Fernando de Andrade no século XVII, sobre a  primitiva ermida de San Cristóbal. Encima da porta de acceso sitúase o escudo de armas. A influencia do arte compostelá é evidente. 
Contrátanse grandes artistas da época que traballaban na catedral de Santiago e no Mosteiro de San Martín Pinario. Como arquitecto traza os planos Bartolomé Fernández Lechuga, personaxe prioritario da arquitectura compostelá. As obras foron executadas por Sebastián Monteagudo. No retablo traballou Bernardo Cabrera xunto o Escultor Mateo del Prado, ambas figuras destacadas do arte barroco de Galicia. O retablo actual substituíu o orixinal de Cabrera no ano 1762. 
Este templo é coñecido co nome de Igrexa de Santa Rita. Santa Rita de Casia goza de gran devoción entre os vilagarciáns e veciños de todo O Salnés, que recorren á “avogada dos imposibles” para que lles axude a resolver os seus problemas. 
As celebracións teñen marcado carácter relixioso: desde moi temperán e durante todo o día celébranse misas no templo ás que acoden centenares de fieis de toda a comarca. Pola tarde ten lugar unha multitudinaria procesión que percorre as principais rúas da vila. Unha feira celta na contorna do convento, concertos e verbenas complementan o programa.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Neoclásico

Orden Relixiosa

Agustinos
Arriba