Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 211 SENDA VERDE DO XARES&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 211 SENDA VERDE DO XARES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200526000159/pr-g-211-senda-verde-do-xares?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Pódese realizar o percorrido partindo desde a poboación da Veiga, pola beira dereita da conca do río Xares ata a presa de Prada. Despois pódese volver pola marxe esquerda do río ata a praia dos Franceses.
A paisaxe está dominada polo encoro de Prada. Construído en 1958, supuxo a desaparición da aldea de Alberguería e a inundación das terras máis fértiles da conca do río Xares. Na actualidade, o pantano crea un microclima propio que condiciona a climatoloxía do val. A represa permite que A Veiga goce dunha praia fluvial perfectamente dotada para o seu uso estival.
O roteiro é suave e pode transitarse con bicicleta de montaña, incluíndo algúns tramos alternativos debidamente sinalizados. A súa dificultade radica na lonxitude da senda, pero hai múltiples alternativas para facela en varias etapas, mediante os accesos por camiños e pistas ás aldeas que circundan a ribeira.
Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.