Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 221 RUTA DO MONTE CIDO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 221 RUTA DO MONTE CIDO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200528000193/pr-g-221-ruta-do-monte-cido?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Desde o centro de Moreda, o roteiro ascende pola aldea e polo Carrozo da Gralleira nun amplo zigzag. A subida permite gozar de fermosas vistas sobre o val do Rego da Barxa e da Devesa da Rogueira. Na crista da lomba do Monte Cido atópase sinalizado o acceso ao seu cordal, coñecido polos seus importantísimos restos arqueolóxicos de necrópoles e castros, así como pola sua microrreserva de orquídeas.
A finais de 2018, colocouse un monólito en conmemoración da aparición das primeiras mostras de escritura documental romana no noroeste peninsular, xa que no Monte Cido foron descubertos varios restos de época romana.
A senda descende ao val e cruza o leito do Carrozo de Muiñelo. Na baixada descubriremos as ruínas do castelo de Carbedo. Tras atravesar novamente o curso do río, un forte zigzag ascendente lévanos á outra ladeira do Monte Cido para regresar a Moreda.
O MONTE CIDO
No Monte Cido apareceron dúas téseras de bronce. A primeira delas foi localizada en 1959 e está gardada no Museo de Lugo. A táboa gravada recolle un pacto de hospitalidade entre un destacamento romano e os habitantes dun castro. Xunto esa táboa encontrouse unha aguia de bronce dun lábaro, o estandarte que usaban os romanos. En 1984 aparecen unha segunda táboa na mesma zona, que está gardada no Museo do Castelo de San Antón, na Coruña. Reflicte outro pacto de hospitalidade de características semellantes ao anterior.
Sendeiros
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.