IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE CARTEIRE

Relixioso
787
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Carteire (Santa María)

27217  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 54' 29.9" N - 7º 46' 09.9" W

Descrición

Edificio que pertenceu ao Ducado de Alba. En planta ten cruz latina co brazo dereito menor que o esquerdo. A cabeceira é cadrada, á que se lle pega no lateral esquerdo a sancristía, de forma rectangular. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito e lousa, e a cuberta do mesmo material a dous, tres e catro augas. A portada principal é alintelada, cun óculo sobre ela, e remata o frontis unha espadaña dun solo van. O acceso ás capelas maiores faise por medio de arcos de medio punto, de aresta o dereito, e de baquetiña o esquerdo. Son tres os retablos que se conservan na igrexa, o da capela maior de estilo neoclásico, e de estilo barroco os das capelas laterais.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba