IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SAN BREIXO

Relixioso
878
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Breixo (Santa María)

Lugar: San Breixo

27203  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 52' 05.9" N - 7º 55' 37.9" W

Descrición

Templo construído no século XIX, de grandes dimensións. A nave é cadrada, dividida en tres por medio de catro piares. O presbiterio é tamén cadrado, pero de reducidas dimensións, ao que se pega no muro esquerdo a sancristía. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. O arco de acceso ao presbiterio é de medio punto. Ten aos pés un coro alto que se apoia a primeiro par de columnas que dividen as naves. O frontis dispón de tres portas de acceso, unha para cada nave, e culmínase cunha torre-campanario de dous corpos. No interior consérvanse tres retablos, o maior e os das naves N e S, todos eles de estilo neoclásico.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba