CAPELA DO SANTIAGUIÑO

Relixioso
210

Localización

Parroquia: Outes (San Pedro)

Outes - A Coruña

Descrición

A capela actual de 1975 sustitúe a outra do s. XVIII que estaba situada na beira da estrada.
Nave rectangular única con presbiterio e con sacristía en forma de L adosada polo norte, e dúas portas de acceso.
As paredes son de ladrillo e cemento menos a fachada que é de pedra con sillares de pouco grosor.
O elemento mais destacado é a porta neorrománica flanqueada por dous pares de columnas de fuste liso e capiteis invertidos e pequenas volutas sostendo ábacos cadrados.
O remate angular da fachada perfórase cunha ventá con arco que actúa de espadana con unha campá.
Arriba