Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DIVINO SALVADOR DE FENE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DIVINO SALVADOR DE FENE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25185/igrexa-divino-salvador-de-fene?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Fene (San Salvador)
Lugar: Vista Alegre
Praza da Constitución
15500 Fene - A Coruña
Igrexa de estilo barroco, que comezou a construirse en 1719. Sobre a súa planta irregular desenvólvense tres naves, a central con cabeceira abovedada e coro alto aos pés. Na fachada, de granito á vista, sobresae enriba da porta de entrada un frontón partido. Destaca a torre do campanario, con planta cadrada, tres corpos superpostos e cuberta en forma de cúpula. Na cuberta xeral da igrexa, a distintas augas, áchase unha cruz coas imaxes de Cristo por un lado e a Virxe do Carmen co Neno por outro.
Construíu a torre e a fachada o crego Roque Arousa Mariño en 1719. O corpo da igrexa modificouse no século XX, cando tamén se lle engadiu un corpo á torre.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.