IGREXA DE SANTA MARÍA DE MÁNTARAS

Relixioso
1103

Localización

Parroquia: Mántaras (Santa María)

Lugar: Follente

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 25.9" N - 8º 05' 31.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco. Planta de cruz latina, con única nave, presbiterio e dúas pequenas capelas laterais. No interior, espazo delimitado entre a nave e o presbiterio e acceso ás capelas laterais mediante arcos triunfais. Coro alto con teitume de madeira e acceso por escaleira de pedra. No exterior, muros revogados e pintados de branco, agás nos esquinais e recercado dos vans de ventás e porta. Cuberta de lousa a dúas augas. A fachada principal conta con porta rectangular alintelada e pequeno oco para a iluminación natural. Sobre a cornixa destaca o campanario, composto por dous corpos, o primeiro alberga dúas campás e o segundo con función ornamental. Curiosa sensación visual de verticalidade e inestabilidade, propiciada pola superposición de elementos no campanario.
Arriba