IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE VILADESUSO

Relixioso
1093
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Viladesuso (San Miguel)

Lugar: O Serrallo

Camiño da igrexa 24

36309  Oia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 12.0" N - 8º 52' 19.9" W

Descrición

A parroquia de Viladesuso foi en tempos un barrio importante de Mougás que contaba con ermida propia dedicada ao San Ángel Custodio. Unha vez que se independendizou como parroquia a finais do século XVIII empezouse a edificar o templo actual no sitio da antiga capela. A nova igrexa instituíuse baixo o padroado de Arcanxo san Miguel. Consta dunha soa nave e esvelta torre-campanario de corpo cuadrangular. A fachada principal, moi simple, disponse a xeito de frontón coroado por cruz e fraqueada nos extremos por dúas especies de pilastras rematadas en pináculos con bólas.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba