Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA VENERABLE ORDE TERCERIA DE SAN FCO.&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA VENERABLE ORDE TERCERIA DE SAN FCO. extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26184/capela-da-venerable-orde-terceria-de-san-fco.?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Esta capela, pegada ao convento de San Francisco polo seu lado norte, erixiuse entre 1681 e 1706 seguindo as trazas dadas polos arquitectos Domingo de Andrade e Diego de Romay. O templo é de planta rectangular, de nave única e cuberta con bóveda de canón reforzada por arcos faixóns. A cabeceira, de planta rectangular, péchase cunha cúpula sobre pilastras toscanas. Un pequeno coro levántase aos pés do templo.
O acceso á rúa facilítase por unha porta aberta no muro oriental, mentres que a occidental se articula por medio de cinco arcos que, funcionando a xeito de solios, se destinan a enterramentos e articulan os cinco corpos da nave. A fachada, de gran sinxeleza, remata cun campanario de planta rectangular, arcos de medio punto e coroado con cupuliña. A revocadura cobre os muros do templo, con excepción dos elementos en cadeirado de granito que bordean os vans.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.