Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA FERNANDO CARRERAS&body=Recoméndoche que leas a información CASA FERNANDO CARRERAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26555/casa-fernando-carreras?ctre=39%26langId=gl_ES%26tp=9
Edificio proxectado en 1863 por Manuel Uceda. Actualmente é o Reitorado da Universidade e consta de tres plantas con aproveitamento do baixo cuberta e o patio de luces interior. A súa disposición é simétrica e ten grandes vans con arcos semicirculares, todos eles con saída a balcóns, e separados por pilastras acanaladas. Constituíu o primeiro gran palacete residencial moderno da época, e os vigueses facían paseos desde a zona vella da cidade para contemplalo.
Ao longo da súa vida, este edificio tivo diversas ocupacións, que levan implícitas varias reformas. Así, en 1889, foi vendido ao Banco de España para ser sé da institución na cidade, neste período reforman a cuberta. Mais tarde, foi ocupado pola Comandancia Militar, neste período levouse a cabo a ampliación do edificio na zona sur, coa construción dun novo corpo de cinco vans por planta, que trata de imitar a edificación existente, pero altera totalmente a composición de fachada da rúa Oporto. Na fachada principal colócase o actual peto de coronación. En 1991, remodelarase de novo, pero sen alterar a imaxe externa das súas fachadas, para destinalo a Rectorado da Universidade de Vigo.
Actualmente o edificio alberga a sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.