Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA DAS ARTES - ANTIGO EDIFICIO BANCO DE ESPAÑA&body=Recoméndoche que leas a información CASA DAS ARTES - ANTIGO EDIFICIO BANCO DE ESPAÑA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26629/casa-das-artes-antigo-edificio-banco-de-espana?ctre=39%26langId=gl_ES%26tp=9
Edificio proxectado en 1938 polo arquitecto Romualdo de Madariaga. Consta dun amplo chafrán no que se sitúa a entrada, que serve ademais de eixe de simetría ás dúas fachadas restantes. Este chafrán contén a única e austera decoración do edificio. A decoración comeza na monumental porta de entrada, sobre a que se levantan catro pilastras acanaladas sen capitel pero cun entaboamento e unha cornixa decorada con baixorrelevos simbolizando o traballo nunha figura feminina e outra masculina (esta ten un escudo coa cruz de Santiago, o xugo e as frechas). Todo o edificio ten amplas ventás con arcos de medio punto e uns vans enmarcados con saínte e decorados.
Foi Banco de España ata que, a mediados da década dos anos 80 pasa a formar parte do patrimonio municipal.
A Casa das Artes, que comezou a súa andaina en 1990, constitúe desde entón o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais. As súas salas acollen mostras de artes plásticas, arquitectura e fotografía, entre outras disciplinas artísticas, tanto de arte galega contemporánea como das vangardas artísticas máis internacionais do século XX.
É a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da Colección Torras.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.