EDIFICIO NÚÑEZ BERDIALES

Civil
599
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Urzaiz 42

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 06.0" N - 8º 43' 04.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1905 por Pacewicz. Ten unha planta baixa e tres altas. O eixe de simetría é o chafrán, que está rodeado de dúas galerías metálicas que percorren os dous primeiros pisos. Na parte superior o edificio queda rematado cun peitoril cego e un ático apuntado na esquina. A parte inferior é a máis ornamentada. Empréganse ménsulas corridas para sustentar a galería e almofadados diferentes ao resto das plantas pero moi sobresaíntes e de gran beleza.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba