IGREXA DE SANTA UXÍA DE MANDIÁ

Relixioso
972
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mandiá (Santa Uxía)

Lugar: Chá

15595  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 52.9" N - 8º 14' 26.9" W

Descrición

Igrexa do século XIX, de estilo ecléctico, é un dos templos parroquiais máis grandes do ámbito rural de Ferrol. Planta rectangular e dous pequenos corpos pegados nos muros meridional e setentrional. Muros de cachotaría (reutilizar da antiga igrexa), revogados e pintados de branco. Cuberta a dúas e catro augas. No seu interior unha nave, dúas pequenas capelas laterais, presbiterio e unha pequena sancristía, retablo con elementos barrocos e, presidíndoo, a imaxe de Santa Uxía. Aos pés un coro alto. No exterior distinción volumétrica dos seus corpos. Fachada principal que vai dun barroco clasicista a un eclecticismo, cunha cornixa medio voada.

Acceso

Dende Ferrol, pola estrada de Covas-Esmelle, despois de pasar a desviación á ermida de Chamorro a 300 m, hai un desvío á dereita que leva cara a Mandiá.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba