CASA EN MARÍA 172

Civil
965
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa María 172

15401  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 58.9" N - 8º 14' 15.0" W

Descrición

Edificio modernista (1912) de Rodolfo Ucha Piñeiro, un dos mellores arquitectos galegos de principios do século XX. Altera os sistemas compositivos habituais lembrándonos á Casa Batló de Gaudí (miradoiros, galerías, balcóns). Presenta planta rectangular con baixo e tres pisos, no primeiro hai un balcón de ferro flanqueado por dúas galerías apoiadas en pedra con canzorro, no segundo sitúase a galería, flanqueada por dous balcóns e o último ten unha galería corrida de madeira e cristal. Presenta cuberta a dúas augas de tella curva.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba