CASA DA ROISA

Vivendas Turísticas
1075
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ermedelo (San Martiño)

Rúa: Lugar O Barreiro 3

15282  Rois - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 56.9" N - 8º 46' 30.7" W

Descrición

Casa da Roisa é unha típica vivenda rural galega de pedra construída no ano 1890, onde as persoas convivían cos animais, que servían para o seu autoconsumo e economía, xunto cos aparellos de labranza que precisaban para traballar as terras. Está situada na aldea de O Barreiro, pertencente á parroquia de Ermedelo, no concello de Rois, na provincia de A Coruña, España.  A súa estratéxica situación, entre as cidades de Santiago de Compostela, o Concello de Padrón e a Vila de Noia, permite sen deixar de estar no máis profundo do rural galego, estar a 15 minutos en coche da cidade do Apóstolo, Santiago de Compostela, e a 10 minutos das praias da preciosa ría de Noia-Muros. Na planta baixa dispón dunha cociña tipicamente galega, coa súa lareira e fogón de leña, onde as horas se lle pasarán sen darse practicamente conta, ademais dun salón denominado Ripeiras, que nos trasladará ao século XIX, cos seus belísimos mobles de época e o seu relaxado ambiente, onde se poderá estar ao lume do fogón. Se queremos facer unha festa galega, con queimada incluída, dispoñemos dun amplo salón-comedor chamado Agro do Pouso. Este salón dispón entre outras cousas, dun clásico forno galego, onde poderemos facer calquera tipo de asado e un asador, por se nos apetece mellor facer un churrasco nun entorno completamente rústico. Na planta superior da casa, temos unha sala de estar e lectura, onde podemos acceder ao gran balcón que posúe a casa, para observar a belísima contorna que nos rodea, onde a nosa vista se deleitará co impresionante colorido natural. Nesta mesma planta están as tres habitacións dobres que posúe a casa, denominadas A Corredoira e A Fonte e o seu amplo baño, O Común, e a suite O Cuberto, cos seus impresionantes mobles de caoba tallados. No exterior dispón duns amplos xardíns así coma unha pérgola exterior para acomodar a 12 persoas con asador, varias fontes, un precioso e típico cruceiro de arte e arquitectura popular así como unha piscina, onde, se nos apetece, poderemos darnos un baño ou simplemente relaxarnos coa contorna. Na contorna rural onde se sitúa, pódese observar e tamén participar na vida cotiá da xente do lugar, onde se pode apreciar, aínda hoxe en día, unha economía rural, onde a xente coida os seus pequenos rabaños de ovellas, as vacas, tenreiros, galiñas e todo tipo de animais para o seu autoconsumo, como se facía fai máis de 100 anos. Se nos apetece tamén poderemos pasear pola ribeira do pequeno río de montaña que rodea a aldea, ou camiñar deleitándonos coa contorna, polos numerosos camiños que temos ao noso arredor, e se somos bos camiñantes, podemos facer unha pequena excursión a pé, ao monte de A Muralla, o máis alto de toda a provincia de A Coruña, cos seus doados accesos tanto a pé como en vehículo, e dende o cumio, observaremos as impresionantes vistas da ría de Arousa e da ría de Muros-Noia, así como a cidade de Santiago de Compostela.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba