IGREXA PARROQUIAL DE CORREXAIS

Relixioso
1462
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Correxais (San Pedro)

Lugar: Correxais

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 58.3" N - 7º 03' 34.8" W

Descrición

Igrexa de planta de cruz latina con diversos corpos pegados, de maior antigüidade que o convento dos trinitarios descalzos (fundado en 1723), co que forma un bonito conxunto. Moito máis antiga que o convento, está construída en pedra da zona, con cruceiro elevado e cuberta a dúas augas rematada en lousa sobre estrutura de madeira. A torre, especialmente curiosa, é cuadrangular, con oito arcos e un remate en forma piramidal; na súa base destaca unha bóveda de cruzaría, executada en cachotería.

Outro dos atractivos desta igrexa é o retablo maior, cun conxunto de pinturas que representan o Nadal, as catro virtudes e catro santos. Sitúase nunha contorna rural, no lugar de Correxais, considerado un núcleo singular onde se poden observar as características típicas dos asentamentos tradicionais da zona: edificacións en medianeira, camiños de ancho reducido, construcións executadas en cachotería de xisto e adobe, cuberta a dúas augas con remate de lousa sobre armazón de madeira e corredor como elemento permanente ligado ás vivendas.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola antiga C-536 en dirección San Miguel de Outeiro e unha vez pasado este, collemos un desvío á esquerda, pasamos polo encoro de Santiago e cruzamos ao outro lado do río Sil, chegando a Valencia do Sil pasamos o pobo|vila e chegamos a un desvío a man dereita que nos leva ata Correxais.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Orden Relixiosa

Trinitarios
Arriba