IGREXA DE SAN MARTÍN DE SOBRÁN

Relixioso
1449
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sobrán (San Martiño)

Lugar: Vilaxoán

Rúa Sobrán 3

36611  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 35' 07.7" N - 8º 47' 12.1" W

Descrición

A Igrexa de San Martín de Sobrán é unha das máis belas manifestacións da arte románica de Galicia e tamén de España.

A pesar do seu carácter de igrexa rural, ligada ao veciño pazo de Sobrán, destaca a amplitude da súa única nave, que se divide en tres compartimentos por medio dos seus correspondentes arcos transversais, os cales, á súa vez, sosteñen unha espléndida bóveda semicircular. Nun nicho aberto nun lateral áchase a estatua de Xoán Mariño, fundador de Vilaxoán.

Os grosos muros da igrexa de Sobrán ven interrompidos por uns vans que, como a igrexa no seu conxunto, resultan un paradigma da arte románica: abertura en forma de seteira, arco de medio punto, arquivoltas e unha coidada ornamentación dos capiteis. É preciso chamar a atención sobre o denominado xadrezado, a decoración xeométrica que contorna as xanelas e que referendan o influxo da Catedral de Santiago e das peregrinacións que ata ela se dirixían.

A fachada non presenta o seu aspecto orixinal, xa que, por unha banda, perdeu o trazado de pedra que dividía o rosetón central, e, por outro, carece tamén da figura ecuestre de San Martín, patrón da parroquia, que ata finais do século XIX presidía o conxunto.

Un último aspecto a destacar é a ábsida, non só polas súas xanelas, cuxas características quedan expostas, senón polos canzorros –pequenas pezas esculpidas que sosteñen a cornixa- nos que o artista daba renda solta ao súa imaxínación, como o demostra a postura cando menos pouco respectuosa que, para tratarse dun templo, adopta algunha figura.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba