IGREXA DE SANTA MARÍA DE ALMOITE.

Relixioso
1420
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Almoite (Santa María)

Lugar: Almoite

32704  Baños de Molgas - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 27.0" N - 7º 40' 38.9" W

Descrición

Tipo de monumento: relixioso. De interese histórico, etnográfico, relixioso e arquitectónico.
Datación indeterminada. Elementos da baixa Idade Media e posterior. Estética barroca.
O conxunto monumental da igrexa de Almoite componse de templo relixioso, viacrucis no muro que o rodea, peto de ánimas e cruceiro na entrada principal. As obras de arte pódense clasificar dentro do estilo barroco.
Representa un conxunto de elementos típicos da arquitectura relixiosa en Galicia, que aquí podemos visualizar a un tempo.
O cruceiro de pedra érguese ao pé das escaleiras da entrada principal. Na balaustrada, de forma cilíndrica, dispóñense as imaxes de Adán e Eva e a serpe nunha alegoría da expulsión do Paraíso. Remata nun capitel e nunha cruz bifronte coas figura de Cristo e da Virxe. O peto de ánimas está situado no muro do adro da igrexa parroquial de Almoite. 

Acceso

A menos de 3 km de Baños de Molgas. Vía provincial que una as localidades de Baños de Molgas e Almoite. 2.6 km, 5 minutos. A pé desde o mesmo lugar de saída: Camiño Vello – Amoite, 2.3 km, 32 minutos.  Monumento sinalizado.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba