IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DE FONTECUBERTA

Relixioso
718
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fontecuberta (Santa Mariña)

Lugar: Fontecuberta

27206  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 53' 31.0" N - 7º 50' 33.9" W

Descrición

Esta igrexa, dedicada á mártir galega Santa Mariña, é románica, con planta rectangular e ábsida semicircular na cabeceira. Fabricada con muros de cadeirado de granito e con cuberta de tella a dúas augas. A fachada principal está formada por unha porta de arco de medio punto cunha arquivolta, óculo central e espadana de dobre corpo e dous vans. Ten outra porta no lateral sur de arco de medio punto. Interior: arco triunfal de medio punto de dúas arquivoltas e retablo maior neoclásico.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba