CAPELA DA NOSA SEÑORA DO RIAL

Relixioso
1778

Localización

Parroquia: Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente)

Lugar: Mosteiro

15237  Outes - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 46.0" N - 8º 54' 01.0" W

Descrición

Construída en 1668. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cachote revestidos, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten unha porta alintelada coroada por unha ventá. Sancristía pegada á cabeceira. Espadana dunha arcada moldurada.

O retablo interior foi pintado en 1779 por Fernando Fernández Gudín. Enriba do banco van dous corpos. O primeiro dividido por medio de columnas pareadas de fuste liso e capiteis compostos, nas que van as imaxes de San Xosé (dereita), a Virxe e o Neno (centro), e a Inmaculada (esquerda). No segundo corpo se dispón un Cristo crucificado.

Recinto amurallado. Nas súas inmediacións consérvanse os restos dunha torre do s. XVI.
No exterior existe un cruceiro obra do Escultor Ferreiro e unha fonte.

Arriba