PAZO DE BRANDALIZ

Civil
1466

Localización

Parroquia: Luama (San Martiño)

Lugar: Brandariz

15338  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 24.0" N - 7º 51' 07.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Conxunto rodeado por unha longa muralla con portón de entrada. O edificio ameado, sen carácter militar, desenvólvese en dúas plantas en forma de L con cuberta a catro augas onde se combina a tella e o xisto. Unha escalinata pétrea con balaustre de madeira dá acceso á segunda planta. Na fachada principal atopamos un escudo de armas realizado en pedra, cos símbolos das diferentes familias enraizadas historicamente co pazo. O espazo complétase cunha capela adicada a San Miguel e uns xardíns onde se alternan árbores ornamentais e xeométricos deseños.
Cronoloxía: orixe no século XV.
Estilo: barroco.

Acceso

Estrada AC-862 (Ferrol-Viveiro), no casco urbano de Ortigueira collemos o desvío en km 0 da DP-6110, seguindo o indicador da Praia de Morouzos. Continuamos pola estrada da praia 260 m onde nos desviamos á esquerda. Dende alí a 500 m veremos a entrada do pazo.
Arriba