Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASTELO DE MONTERREI&body=Recoméndoche que leas a información CASTELO DE MONTERREI extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7096/castelo-de-monterrei?ctre=40%26langId=gl_ES%26tp=9
O conxunto da Acrópole de Monterrei coroa a Vila de Monterrei que crece ó carón do castelo en época medieval. Conservase a estrutura orixinal con parte das torres circulares e da muralla defensiva. Pola porta principal accédese ó patio de armas, onde á dereita está o pazo dos condes e á esquerda érguese a Torre da Homenaxe. Construción defensiva, empregada en caso de asedio, mandada facer polos primeiros condes de Monterrrei, a finais do século XV, duns 22,5m de altura, de poucos ocos cara o exterior, con muros de ata 3,5m de grosor e con marcas de canteiro en case cada pedra utilizada para a súa construción. O pazo dos Condes, foi construído entre o século XVI e comezos do XVII. Contigua conservouse, con proporcións máis reducidas que a da Homenaxe, a Torre das Damas, do século XIV. Nela descansa unha galería renacentista do pazo onde se atopa o coñecido como o balcón de don Pedro e columnas con escudos de armas das familias relacionadas cos condes de Monterrei. A fortaleza, onde se atopa o castelo, presenta un triplo recinto amurallado, formando todo un conxunto de evidente interese.
Na actualidade pódese visita-lo o conxunto da Acrópole con entrada ó interior da Torre da Homenaxe e da igrexa de Santa María de Graza. O pazo dos condes funciona como o Parador de turismo Castelo de Monterrei.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.