IGREXA DE SANTA MARÍA DE CEQUERIL

Relixioso
1106

Localización

Parroquia: Cequeril (Santa María)

Lugar: Cequeril

Cuntis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 35' 47.9" N - 8º 31' 57.9" W

Descrición

Ten planta de cruz latina e fachada lisa sobre a que destaca unha torre de factura similar á barroca cun sinxelo campanario. Esta edificación pódese encadrar nas posttrimerías do século XVIII, dada a súa sobriedade. Rodeada do cemiterio e dunha paraxe de gran beleza, este lugar transmite tranquilidade, invitando así mesmo á reflexión.

Acceso

Partindo da zona urbana de Cuntis, saímos pola rúa da palma e collemos a EP-8402 dirección Cequeril, tras percorrer uns 8 km chegaremos ao núcleo de Cequeril onde xa se pode ver a Igrexa.
Arriba