Política de privacidade e protección de datos
 
Ao descargar e usar esta aplicación móbil vostede manifesta que leu e acepta as condicións de uso e a política de privacidade. Recomendamos revisar periodicamente as condicións de uso e da política de privacidade.
 
1) Tratamento de datos persoais
Esta aplicación móbil non require para o seu uso dun rexistro previo a través do que se recaden datos persoais das persoas usuarias, tales como datos identificativos ou de uso de dita aplicación que permitan identificar á persoa interesada.
 
2) Permisos móbiles
A aplicación require para o funcionamento dalgunha das súas funcionalidades, entre outros permisos recollidos no apartado Permisos da Información da aplicación, os seguintes:
 
  • Acceso á localización do seu dispositivo móbil para poder localizalo e amosarlle as rutas máis próximas a súa localización, así como, poder indicarlle no mapa como chegar a localización elixida.
  • Acceso á cámara do seu dispositivo móbil para que poida realizar a ruta mediante os elementos visuais que se superpoñen no mundo real, e dicir, en tempo real a través da chamada navegación híbrida.
 
Na solicitude para activar a xeolocalización ou o acceso a cámara, que se fará de forma individual para cada caso, poderá outorgar o seu permiso para manter á localización ou ó acceso á cámara activos unicamente cando a aplicación estea en uso, mantelos activos sempre (estarán activos aínda que non se estea a facer uso da aplicación) ou non activalos. De rexeitar a súa activación, non poderá facer uso desas funcionalidades; seralle requirido de novo o permiso cando acceda de novo ou queira facer uso da mesma.
A localización e o acceso a cámara só é xestionada pola aplicación dentro do dispositivo, sen que a información sexa facilitada á Axencia de Turismo de Galicia.
Poderá retirar o permiso outorgado ou xestionar as súas preferencias en calquera momento a través da configuración móbil do seu dispositivo.
 
3) Servizos de terceiros
Así mesmo, informámoslle que a aplicación usa servizos de terceiros que poden recadar información utilizada para identificalo. Dos datos que se poidan chegar a recadar a través destes servizos a Axencia de Turismo de Galicia non é a responsable do tratamento; polo que, a persoa usuaria, deberá revisar as condición e políticas de privacidade dos seguintes servizos (prestados por Google):
 
  • Firebase Analytics, rexistro das funcionalidades máis empregadas, número de usuario que usan a app.
  • Firebase Crashlytics, rexistro de erros que poidan ocorrer na aplicación
  • API de Google Maps
 
Arriba
Axúdanos a mellorar!